CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, DÉCIMO NO OPEN DE ESPAÑA OLÍMPICO DE BARCELONA

7 de Febreiro de 2016

Cristóbal Rodríguez rematou na décima posición do Open de España Olímpico  de Péntatlon Moderno, puntuable para os Xogos Olímpicos de Río, que se disputou hoxe en Barcelona.

 

O galego comezou moi forte nas dúas primeiras probas, sendo o terceiro na natación e segundo na esgrima. Desta forma, enfrontaba a segunda parte da competición na primeira posición da xeral.

 

Pero a partir deste momento, torcéronse as cousas un pouco. Na hípica no estivo moi afortunado e perdeu importantes puntos e na combinada estivo discreto. Así rematou na décima posición cun total de 1.454 puntos, un bo posto dado o nivel dos competidores. O gañador da proba foi o británico Joseph Choong (1.489), mentres que o español Aleix Heredia foi sexto. O outro galego Raul Blanco presente na proba rematou na 36ª posición.

 

Proba feminina. O sábado celebrouse a proba feminina, pero a nosa representante Aroa Freije non tivo loita sorte. Aroa tivo que retirarse despois de caer na hípica e darse un golpe no xeonllo. Os técnicos optaron por non forzar e a deportista lucense xa non realizou a combinada.

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...