REPRESENTACIÓN GALEGA NO MUNDIAL DE ACUATLON

1 de Maio de 2019

A actividade deportiva non para en Pontevedra! Xa estamos no ecuador do ITU Multisports World Championships, e os deportistas galegos non queren perder a oportunidade de disputar un campionato do mundo na casa. Tras a disputa do Dúatlon e o Tríatlon Cross chega o momento do Acuatlón.

Mañá xoves día 2 a partires das 15:00h a zona da Ponte dos Tirantes acollerá a proba de acuatlon. Os deportistas teranse que enfrontar a mil metros de natación nas augas do Río Lérez para seguidamente correr cinco quilometros pola avenida de Bos Aires.

En categoría Junior Esteban Basanta e Jorge González serán os nosos representantes. En elite Andrés Cendán, Iria Rodríguez e Sara Guerrero defenderán as cores de España.

Ás 15:30 será o momento da proba de Para-Acuatlón na que estará presente a triatleta paralímpica viguesa, Susana Rodríguez Gacio.

Quizáis che interese…