Tres galegos na copa de Europa de Quarteira.

28 de Abril de 2019

Jorge González, Nerea García e Iago Lorenzo estiveron presentes na Copa de Europa de Quarteira. A localidade portuguesa acolleu esta fin de semana a proba de carácter continental na que que tomaron parte os nosos deportistas.

Jorge González acadou a decimoquinta posición despois de estar ao longo de toda a competición no grupo de cabeza, cedendo algún posto nos últimos impases da proba.
Nerea García que competía na proba Junior, sendo aínda cadete. Quedou relegada dos mellores postos tras unha accidentada natación na que recibeu moitos golpes na primeira boia. E que á postre non lle permitiría estar cas competidoras do seu nivel habitual. Finalamente finalizou en trixesima posición e continua sumando experiencia en probas de primeiro nivel.

Na proba elite masculina o noso único representante era Iago Lorenzo que finalizou na posición corenta e seis.

Podes consultar os resultados da proba no seguinte enlace

Quizáis che interese…