Reunida a Comisión Avaliadora e revisadas as alegacións recibidas procédese á publicación da Circular da Dirección Deportiva de 2 de decembro coa Resolución Definiva das axudas a deportistas para a participación en probas internacionais en 2025.
Ver circular Dirección Deportiva de 2 de decembro con resolución definitiva
XUSTIFICACIÓN
Será imprescindible xuntar facturas polo importe a xustificar, xustificante bancario do pagamento e xuntar memoria que vincule o gasto coa preparación ou participación en probas internacionais así como acreditación do cumprimento das bases para o cobro da axuda.
Prazo de Xustificación das axudas ata o 12 de decembro de 2025.
——————–
Contra a resolución provisional cabe reclamación ata o 29 de novembro.
—————-
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS PARA PARTICIPACIÓN EN PROBAS INTERNACIONAIS DE TRIATLON 2025
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno co fin de axudar aos/ás deportistas de Galicia e apoiar a súa formación e proxección internacional acadando puntos do ranking WT, convoca as seguintes axudas para axuda da participación en probas internacionais de triatlón.
No seguinte arquivo consulta a convocatoria
Bases da convocatoria de axudas
Formulario de solicitude das axudas
Presentación ata o 15 de novembro de 2025



