O programa do dúatlon escolar chegou hoxe ao seu fin coa disputa da final galega en Tomiño, proba na que participaron 277 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
Os gañadores (individuais e clubs) das diferentes categorías foron:
Benxamín feminino: Lorena Patiño (Club Pinarium) e Náutico de Narón
Benxamín masculino: Damián Suárez (Natación Cedeira) e AD Fogar Carballo
Alevín feminina: Victoria Cons (Motobike Galaico) e Escola Javi Gómez Noya
Alevín masculino: Brais Picón (Arcade Inforhouse) e Escola Javi Gómez Noya
Infantil feminino: Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) e Cidade de Lugo Fluvial
Infantil masculino: Alexandre Álvarez (Natación Pabellón Ourense) e Escola Javi Gómez Noya
Cadete feminino: Noelia Serantes (Náutico de Narón) e Náutico de Narón
Cadete masculino: Jorge González (Natación Riveira) e Cidade de Lugo Fluvial