GUSTAVO RODRÍGUEZ, ARRASADOR NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE MEDIA DISTANCIA, CON PABLO DAPENA SEGUNDO

13 de Maio de 2017

Dobrete galego no Campionato de España de Tríatlon de Media Distancia, que se celebrou hoxe en Pamplona. Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamouse campión de España, mentres que Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) foi segundo con dúas grandísimas actuacións dos nosos deportistas.

Tralos 1.900 metros de natación, Pablo Dapena e Ángel Salamanca ían en cabeza e destacados, mentres que, como é habitual, Gustavo sufriu na auga. Chegaba o momento da bicicleta, 85 quilómetros que foron decisivos. Pablo logrou poñerse en cabeza en solitario, mentres que Gustavo comezou a amosar a súa superioridade neste sector. O tudense era una bala, ata que no quilómetro 36 logrou adiantar a Dapena e poñerse líder. A partir deste intre, absoluta superioridade de Gustavo que logrou chegar a T-2 con máis de 7 minutos de vantaxe sobre Pablo Dapena.

Aínda quedaban por diante 21 quilómetros de carreira a pe, pero Gustavo non tivo excesivos problemas para manter a distancia e chegar a meta en solitario e cunha enorme distancia. Rodríguez proclamouse campión de España de Tríatlon de Media Distancia cun tempo de  3:40:36, mentres que segundo foi Pablo Dapena (3:46:26).

Ademais, hai que destacar a novena posición de Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) cun tempo de 3:56:27, ou de Iván Cáceres, que foi 15º.

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....