O domingo 29 de abril celebrouse a final galega do programa Nada e Corre 2018, coa participación de máis de 160 rapaces das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e paratríatlon (deportistas con discapacidade). A pesar de que o tempo non acompañou houbo moi bo ambiente e moito público nas gradas. Na categoría de clubs, proclamouse campión o Cidade de Lugo Fluvial con 315 puntos, mentres que segundo foi Natación Riveira (216) e terceiro, Tríatlon Ferrol (205).
Este programa da Federación Galega de Tríatlon vai xa pola súa sétima edición. Este ano, en total participaron uns 900 rapaces e rapazas nas catro probas zonais e para a final estaban clasificados 164 deportistas de 19 clubs galegos.
Os vencedores das diferentes categorías foron:
Clubs: Cidade de Lugo Fluvial
Prebenxamín: Álvaro Iglesias (Olímpico de Vedra) e Marta Muñiz (Natación Riveira)
Benxamín: Álvaro Cobelas (Natación Pabellón Ourense) e Adriana Rebolo (Cidade de Lugo Fluvial)
Alevín: Damián Súarez (Natación Cedeira Muebles García) e Marta Novo (Tríatlon Motobike Galaico Pontevedra)
Infantil: Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol) e Carla Fernández (Cidade de Lugo Fluvial)
Cadete: Jorge González (Natación Riveira) e Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial)
PTVI: Carla Santoro (Mar de Vigo)
Nos documentos adxuntos tedes todas as clasificacións.