Épica na segunda edición da Ocean Lava Galicia

29 de Abril de 2018

A segunda edición da Ocena Lava Galicia será recordada polas durísimas condicións meteorolóxicas que complicaron e moito o desenvolvemento da proba.

A organización viuse obrigada a reducir a natación a 750 metros, tanto na distancia olímpica como en media distancia, pola temperatura da auga e a exterior. Parecía un día de inverno. Por iso mesmo, houbo moitos non presentados e abandonos.

Desta forma, na distancia olímpica, categoría masculina, venceu Ismael Vieitez (Tríatlon Arteixo), con Álvaro Gómez (licenza dun día) na segunda posición e Alejandro Balsa (Tríatlon Coruña) na terceira. Na categoría feminina, o triunfo foi para Carolina Laurentiu (Tríatlon Bierzo), mentres que segunda foi Miriam Portela (Team Corbelo) e terceira, Vanessa Naveira (Club Ciclista Riazor).

Na proba de media distancia, Ramón Troncoso (Atletismo Porriño) logrou o triunfo, mentres que segundo clasificado foi Jacobo Crego (Olímpico e Vedra) e terceiro, Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo). Na categoría feminina, vitoria para Mónica Alarcón (NoSportLimit), que foi a única que puido rematar a proba.

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....