RESULTADOS GALEGO DE DÚATLON ESCOLAR – MONDOÑEDO

8 de Maio de 2016

Mondoñedo acolleu este sábado 7 de maio a final do Campionato Galego de Dúatlon Escolar 2016 nunha tarde moi desapracible polas pésimas condicións meteorolóxicas, que complicaron o discurrir das probas. Así, ao ter que parar o campionato durante máis de hora e media por unha evacuación en ambulancia, quedou pendente de celebrar a final da categoría cadete (por falta de luz).

A caída foi da alevín Ainhoa Corral (Tri-Penta) que tivo que ser evacuada en ambulancia, pero afortunadamente puido abandonar as urxencias do hospital moi pronto, unha vez se comprobou que estaba en perfectas condicións físicas a pesares do golpe recibido.

Desta forma disputaronse as probas benxamín, alevín e infantil (tanto masculina coma feminina) e destacou que nesta oportunidade os premios repartíronse moito máis que en anos anteriores.

Desta forma, os vencedores por clubs foron:

Benxamín feminino: Cidade de Lugo

Benxamín masculino: Arcade Inforhouse

Alevín feminino: Atletismo Porriño

Alevín masculino: Escola Javi Gómez Noya

Infantil feminino: Cidade de Lugo

Infantil masculino: Mar de Vigo

A continuación, tedes todos os resultados tanto de clubs coma individuais.

Clasificación Campionato Galego Duatlón Escolar Equipos

Clasificación Campionato Galego Duatlón Escolar Individual

 

Quizáis che interese…