ANTONIO SERRAT, NOVENO NA COPA DO MUNDO DE CAGLIARI TRAS UNHA GRAN REMONTADA

8 de Maio de 2016

Antonio Serrat volveu a facer unha gran proba esta fin de semana na Copa do Mundo de Cagliari (Italia). O vigués, que saíu un pouco retrasado da auga, logrou facer unha gran remontada para rematar no top-ten cun espectacular noveno posto, nunha proba dun altísimo nivel.

O deportista galego chegaba a Italia moi animado polo magnífico resultado acadado a pasada semana na Copa de Europa de Madrid. En Cagliari estaba o gañador de Madrid, Kristian Blummenfelt, ou Fabian Alessandro e Raphael Aurelien, así que se presumía unha dura proba. Ademais, polo dorsal, Serrat non saía excesivamente ven situado na auga, así que optou por irse a un lado e non foi a mellor opción, polo que saíu un pouco retrasado.

Unha vez máis, tocaba remontar e na distancia sprint, onde as distancias son menores. Pero Serrat xa está acostumado e pouco a pouco foi recuperando ata acadar a novena posición facendo o segundo mellor parcial na carreira a pe.A primeira posición foi para o noruegués Kristian Blummenfelt, que leva dúas vitorias consecutivas (56:00), mentres que Aurelien Raphael foi prata (56:20) e Simon Viain, bronce (56:44). E na novena posición temos a Antonio Serrat (57:23), que foi o segundo español por detrás de David Castro (5º). Na proba masculina, tamén participou o galego Diego Paz que rematou na 57ª posición.

Na categoría feminina, tamén contabamos con participación galega, pero sen excesiva fortuna. Camila Alonso, aínda que non fixo mala natación, perdeu moito tempo na transición xa que tivo problemas para quitarse o neopreno por culpa do chip. Na bicicleta mantívose no grupo principal, pero na carreira a pe foi afundíndose pouco a pouco ata a 36ª posición. A outra galega era Sara Guerrero, pero a nosa deportista sufriu unha caída durante a bicicleta, por culpa da choiva, e tivo unha picada na bicicleta que lle obrigou a abandonar.

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....