Hoxe 3 de marzo celebrouse no Complexo Deportivo de As Travesas o Nada e Corre de Vigo (segunda proba do programa) con máis de douscentos deportistas inscritos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Ademais, en Vigo participou Carla Santoro, unha deportista con discapacidade visual, que participou na categoría PTVI.
Esta proba é clasificatoria para a final galega, que se disputará en Riveira no mes de abril. Aínda quedan por diante clasificatorias de Carballo e Ourense.
Os gañadores das diferentes categorías son:
Prebenxamín: Lucía Ageitos (Natación Riveira) e Álvaro Iglesias (Olímpico de Vedra).
Benxamín: Mariña Romero (Natación Riveira) e Adrián Rodríguez (Mar de Vigo).
Paratri PTVI: Carla Santoro (Mar de Vigo).
Alevín: Candela Sánchez (Motobike Galaico Pontevedra) e Lucas García (Tríatlon Compostela).
Infantil: Marta Novo (Motobike Galaico Pontevedra) e Iago Otero (Arcade Inforhouse).
Cadete: Alba Muñiz (Arcade Inforhouse) e Xesús Martiño Iglesias (Olímpico de Vedra).
No documento adxunto tedes todas as clasificacións.