GUSTAVO RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE DÚATLON DE MEDIA DISTANCIA

3 de Marzo de 2019

Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamouse hoxe en Soria campión de España de Dúatlon de Media Distancia, despois de facer un segmento de bicicleta espectacular e decisivo.

Despois dunha semana complicada, porque non podía participar ao non cumprir os requisitos da normativa (non participara o pasado ano por lesión), Gustavo apostou forte e viaxou a Soria sen ter a praza asegurada confiando en que quedara unha libre por ausencia de algún dos deportistas inscritos. Finalmente houbo sorte e o tudense puido estar na liña de saída e demostrar quen era o máis forte.

Tralo primeiro tramo de carreira a pe de 10 quilómetros, ían en cabeza Adrien  Latestere e Cesc Godoy, cun minuto de vantaxe sobre Gustavo. Pero os 60 quilómetros de ciclismo foron decisivos a favor do noso representante. No quilómetro 5 xa logrou poñerse en cabeza e escaparse en solitario cara á vitoria. Na segunda transición Rodríguez tiña máis de tres minutos sobre Cesc Godoy e por detrás viñan De Mateos e Pello Osoro.

Os últimos quilómetros de carreira a pe foron un trámite para Gustavo que logrou proclamarse campión de España de Dúatlon de Media Distancia cun tempo de 2:30:58. Cesc Godoy, que fixo o mellor parcial a pe,  quedou segundo e entrou en meta a 1:38, mentres que terceiro foi Pello Osoro (2:33:41).

Tamén hai que destacar a magnífica actuación de Iñaki Pena-Manso, que foi 13º, cun tempo de 2:39:06. Ademais, Jacobo Crego (Tríatlon Boiro) ocupou a 26ª posición (2:42:00).

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...