Resultados Ocean Lava Galicia

10 de Setembro de 2017

Hoxe celebrouse a primeira edición do Ocean Lava Galicia, que se disputou en Cambados coa participación de case 240 triatletas. Foron dúas probas moi esixentes e con distancias diferentes.

Desta forma, na proba máis curta masculina (60.0) Antonio e Iván González (Lamargha Beariz Tríatlon) chegaron xuntos a meta, pero a vitoria foi para Antonio, mentres que segundo foi Iván Gonzalez.  Héctor Fernández (Tríatlon Arteixo) ocupou o terceiro posto do podio a uns quince segundos.

Na proba feminina, o podio estivo formado por Nerea Castro (Club Ciclismo Tríatlon Poio) no máis alto, con Mónica Mezquita (NoSportLimit) na segunda posición e Sonia Roca (NoSportLimit), no terceiro chanzo.

113.0

Nico Domínguez (Disa HPS Tríatlon) foi o vencedor da proba 113.0, con Luis Alberto Paredes (Galaico Pontevedra) na segunda posición e Javier Fernández (Tríatlon Vilagarcía) no terceiro posto.

Na categoría feminina, o triunfo foi para Alice Héctor  (Evo), mentres que María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) ocupou o segundo posto e Olalla Duro (Artrogal Tri-498) foi o bronce.

Quizáis che interese…

Challenge Mogán Gran Canaria

Challenge Mogán Gran Canaria

LoChallenge Mogán Gran Canaria Mañá sábado 24 de Abril, Pablo Dapena e Ivan Raña competirán cos millores triatletas de...