Grandísimo o traballo de Fernando Alarza na Serie Mundial de Edmonton, onde rematou na novena posición, despois de sufrir moito na carreira a pe. Hai que recordar que Alarza chegaba a esta proba moi renqueante por culpa de un virus que “pillou” durante á viaxe a Canadá e que o tivo en cama durante todos estes días. Pese a todo, decidiu competir e fixoo a un grandísimo nivel, estando sempre no grupo principal e loitando ata o final por sumar puntos no ranking mundial, a pesar da súa debilidade física.
O mallorquino Mario Mola logrou unha nova vitoria en Edmonton, a cuarta da presente tempada, que o consolida o seu liderazgo no Mundial, mentres que o ferrolano Javier Gómez Noya, que estivo moi valiente e traballador durante toda a proba, rematou na sexta posición. De destacar o erro do australiano Birtwhistle, que atacou cuando aínda faltaban dous quilómetros, pensando que estaba na última volta. Superou a todos para poñerse en cabeza, ata que se deu conta de que atacara antes do debido. Mola logrou pasalo con facilidade para lograr o triunfo, pero pese a todo Birtwhistle foi quen de manter a segunda posición por diante de Murray.
Tras esta proba, Mario Mola é o líder provisional do Mundial con 3.664 puntos, Fernando Alarza é segundo (3.172) e terceiro, Javier Gómez Noya (2.990). A próxima semana, nova proba das Series Mundiais en Canadá, en Montreal, nesta ocasión sobre a distancia olímpica.