SABELA PENSADO E LUIS MIGUEL VELÁSQUEZ, GAÑADORES DO III TRÍATLON CONCELLO DE RIVEIRA

31 de Maio de 2015

 

  • No campionato galego de Distancia Curta os vencedores foron Sabela Pensado e Diego Paz.

 Sabela Pensado (Natación Ribeira) e Luis Miguel Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) lograron hoxe a vitoria no III Tríatlon Concello de Riveira, que nesta edición era tamén Campionato Galego na Distancia Curta (1,5 quilogramos de natación, 40 de ciclismo e 10 de carreira a pe) e clasificatorio para o Campionato de España. No Campionato Galego lograron o título Diego Paz e Sabela Pensado.

 

A saída feminina foi a primeira en darse, nunha proba moi aberta sen unha favorita. Así, a deportista local Sabela Pensado (Natación Riveira) foi a gañadora da proba, por diante de Sonia Pariente (G.V. Sport) que foi de líder durante gran parte do percorrido. Pero na carreira a pe, Sabela foi recortando distancias para ao final poñerse en cabeza e chegar en solitario de forma moi cómoda, cun tempo de 2:23:05. A segunda posición foi para Pariente (a 01:25) e terceira clasificada Marta Barbeito (AD Fogar) a 02:59.

 

Na proba masculina moitos nomes destacados o cal facía prever unha preciosa proba. E dende logo que non decepcionou. Houbo emoción ata o último instante cun sprint final para decidir o gañador da proba entre Luis Miguel Velázquez (Tri-Penta) e Diego Paz (Arcade Inforhouse).

 

O certo é que foi un man a mano entre ambos deportistas, que se foron vixiando en todo momento, con distancias mínimas a favor de un ou outro. Así, chegaron aos últimos metros con opcións e todo se decidiu nos últimos metros no sprint final a favor do venezolano (con ficha galega) cun tempo de 01:51:32. Na segunda posición, Diego Paz (co mesmo tempo) e terceiro foi outro dos destacados, Brais Canosa (Arcade Inforhouse) cun tempo de 01:57:06.

 

O podio do Campionato Galego de Distancia Curta quedou formado por Diego Paz, que se proclamou campión galego; Brais Canosa (prata) e o bronce foi para José Ricardo Vega (Tríatlon Arteixo).

 

A proba disputouse sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 de ciclismo e 10 de carreira a pe), e tamén se celebrou unha proba popular con case cen deportistas con distancias máis curtas.

 

Outros vencedores na proba foron:

 

  • Júnior: Irene Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) e David Liste (Talleres David Tríatlon Compostela).
  • Sub 23: Diana Cotón (Arcade Inforhouse) e Luis Miguel Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo).
  • Veterán 1: paloma Herbello (Arcade Inforhouse) e Iván Rubio (Tríatlon Arteixo).
  • Veterán 2: Andrés López (Monte Abaixo).
  • Clubs: Arcade Inforhouse (masculino).

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....