Saleta Castro, décima no Ironmán 70.3 de Monterrey

21 de Marzo de 2016

Saleta Castro cumpriu o seu obxectivo ao acadar a décima posición no Ironmán 70.3 de Monterrey. A galega, antes da competición, falara de entrar no top-ten, e aí estivo nunha proba de altísimo nivel, pola participación das mellores deportistas do mundo. Un pasiño máis cara a clasificación para o Mundial de Hawaii.

Saleta rematou o segmento de natación (1,9 quilómetros) na novena posición cun tempo de 26:39, para enfrontar os 90,1 quilómetros de bicicleta. Fixo o sector do ciclismo nun tempo de 02:31:46 e saíu a correr na undécima posición. A galega estivo moi ben na carreira a pe, cun tempo de 01:27:52, e logrou rematar a proba na décima posición cun tempo final de 04:29:42

Proclamouse gañadora do Ironmán de Monterrey a canadiense  Heather Wurtele cun tempo de 04:08:16, mentres que segunda foi Camilla Pedersen (04:12:05) e bronce Mirinda Carfrae  (04:15:11).

Ironmán Monterrey

Quizáis che interese…