SALETA CASTRO, DÉCIMOQUINTA NO IRONMAN LOS CABOS

31 de Marzo de 2014

Saleta Castro debutou na presente temporada do Ironmán cun décimoquinto posto no Ironmán Los Cabos (México) cun tempo de 10:21:04.

A galega sempre estivo situada entre as dez primeiras clasificadas, ata o último segmento de carreira a pe, onde sufriu de máis e perdeu varias posicións. Foi a sétima mellor na natación (3.800 metros), a sexta en bicicleta (180 quilómetros), pero a maratón que lle esperaba (42,2 quilómetros) se lle fixo terriblemente longa e foi caendo na clasificación ata esa 15ª posición.

Segundo explicou a propia protagonista no seu twitter foi “a carreira máis dura da miña vida”, pero só pensa en recuperarse e seguir adiante co reto da presente tempada: Lograr clasificarse para disputar o Campionato do Mundo de Ironmán en Hawaii.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.