SALETA CASTRO, SEXTA NO IRONMAN DE FRANKFURT

3 de Xullo de 2016

Magnífico resultado o acadado por Saleta Castro no Ironmán de Frankfurt, que lle permite seguir con opcións de lograr a súa clasificación para o Mundial de Kona. A galega logrou a sexta posición en Frankfurt despois de facer o mellor tempo da súa vida nunha maratón.

A nosa deportista saíu da auga despois de facer 3,8 quilómetros de natación na cuarta posición e emprendeu os 180 quilómetros de bicicleta nos que perdeu algún posto, para chegar a T2 na oitava posición. Quedaban por diante 42,2 quilómetros que Saleta fixo nun tempo espectacular (03:04:54), o mellor da súa vida. Así, Castro foi sexta cun tempo final de 09:22:41.

No seu facebook a deportista manifestaba a sú ledicia polo posto acadado: “So decir que estou super contenta e que aínda non  me creo que puidese correr tan rápido. Ao final todo acaba saindo!”.

Foto do facebook de Saleta

 

Quizáis che interese…