Esta fin de semana celebrouse en Torremolinos a final das series mundiais e os campionatos do mundo de tríatlon para as categorías junior, sub-23 , elite e paratriatlón.
O primeiro campionato do mundo foi o da categoría sub-23 , tivo lugar o xoves día 17. A proba foi distancia olímpica , é dicir, 1500m de natación , 40 km de ciclismo e para acabar 10 km de carreira a pé.
Na proba masculina o título de campión do mundo foi para o español David Cantero , o de subcampión foi para o grego Panagiotis Bitados e a terceira posición foi para o húngaro Gergely Kiss.
Nesta proba tivemos a dous galegos en acción: Andrés Prieto, que rematou a proba no 20º posto do mundo, e tamén Esteban Basanta, que finalizou no 42º posto mundial.
Na proba feminina proclamouse campioa do mundo a húngara Karolina Helga Horváth, a subcampioa foi a eslovena Zuzana Michalickova e a terceira do mundo foi a portuguesa María Tomé. Nesta proba tamén participo a galega María Alzaga que finalizou 24º do mundo.
O venres foi a quenda para os junior e paratriatletas. A proba junior era distancia sprint , consistía en 750 metros de natación , 20 km de bicicleta e 5 km de carreira. Na proba feminina participou a galega Marta Novo que finalizou 27 do mundo.
A vitoria foi para a francesa Ambre Grasset, a subcampioa do mundo foi a hungara Fanny Szalay e a terceira posición para a francesa Lea Houhart.
Na proba dos paratriatletas tivemos á nosa representante Susana Rodríguez , que unha vez mais conseguía a vitoria na categoría PTVI.
O domingo Susana Rodríguez tamén participo na remuda mixta que xunto a Eva Moral , Jairo Ruiz e Nil Ruidavets , onde conseguiron a terceira posición.
O sábado foi o día do campionato do mundo e final das series mundiais da elite feminina. A proba era distancia olímpica do mesmo xeito que a categoría sub-23. Nesta proba participou a naronesa Sara Guerrero que logrou un 28º posto.
O título de campioa mundial e gañadora da proba, foi a actual campioa olímpica, a francesa Cassandre Beaugrand, a segunda posición foi para a británica Beth Potter e a terceira posición foi para a ainda Sub-23 francesa, Emma Lombardi.
O domingo foi a quenda da elite masculina que do mesmo xeito que a feminina, tiña campionato do mundo e final das series mundiais. A proba foi en distancia olímpica. Nela participou Antonio Serrat, que concluíu no 17º lugar. Con este resultado, colocouse no 20º posto da clasificación mundial.
O gañador desta proba foi o neozelandés Hayden Wilde , a segunda posición foi para o francés Leo Bergere e a terceira posición foi para o británico Alex Yee.
Non nos podemos esquecer dos Oficiais Galegos que estiveron convocados como oficiais do Campionato do Mundo de Tríatlon: Pablo Cabanelas e Luis Coira.