Seis medallas galegas no Campionato de España Escolar de Biatlón

4 de Xuño de 2017

As e os deportistas galegos acadaron seis medallas (dous ouros, 1 prata e tres bronces) no Campionato de España Escolar de Biatlón, que se celebrou esta fin de semana en Soria.

Os resultados foron moi similares aos que lograron o día anterior en Laser-Run. En infantil feminino, tamén houbo dobrete galego. Mercedes Vila acadou a medalla de ouro, mentres que Claudia Gámez foi prata. Ademais, Carla Cortón conseguiu a medalla de ouro en prebenxamín. Óscar López sumou unha medalla de bronce en infantil masculino e Esperanza Cobos tamén foi bronce en xuvenil feminino, así coma Andrea Vidal (cadete).

Así  pechouse o Campionato de España Escolar celebrado en Soria. Na primeira xornada houbo sete medallas para Galicia e na segunda, seis.

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero 2021,   cargado de...