Unha experiencia moi positiva para todos os que formamos a expedición da Selección Galega de Tríatlon en categorías infantil e cadete a Almazán. Despóis dun duro viaxe dende Galicia, o venres tivemos tempo para soltar as pernas cun entrenamiento en equipo polo circuito de bici e un pouco de risas antes de descansar para a competición do sábado.
Agradecementos a todos os que axudaron para facer posible esta viaxe ata Almazán. Grazas a Craega por faciltarnos as mascarillas para os rapaces e rapazas.
50%
is not validO Concello de Almazán e a Federación Española de Tríatlon tíñanos preparado todo un espectáculo nun marco incomparable como é o Parque da Arboleda, ideal para a práctica do tríatlon.
Amenecía un día caluroso en Almazán. Os rapaces e rapazas da Selección Galega de Tríatlon tiñan moitas ganas de facelo o millor posible e ¡vaia se o fixeron!.
Extraordinarios, colaborativos, sempre cunha sonrisa na cara, disfrutando e aprendendo a partes iguais e animando ós compañeiros en todas as probas.
Xa dentro da competición, a categoría infantil e o relevo mixto inclusivo (un triatleta, unha triatleta e unha deportista con discapacidad) foi toda unha experiencia para os rapaces e rapazas que viñeron a proba a disfrutar e aprender. Non era puntuable para o Campionato de España, senón unha proba máis dentro do formato preparado pola Federación Española, pero os nenos e nenas o deron todo dentro das diferentes probas.
Dende a Federación Galega queremos dar as gracias ós triatletas infantiles convocados para esta proba, polo bo ambiente reinante en todo momento e as gañas de aprender. Mención especial para Nagore, polo a súas gañas e a súa sonrisa.
Aquí facemos un inciso na nosa crónica e utilizamos unhas fermosas verbas dunha nai que veu a animar ata Almazán. Grazas a todos por facernos disfrutar de estos maravillosos momentos.
Orgullosos de ver crecer a estes críos e crías, de poder ser espectadores de luxo por poder estar presente gozando de todas as súas fazañas. Pero a lección de Nagore do sábado non ma deu ninguén en case 50 anos, dar todo o posible ata o final e sen perder o seu sorriso nin un só momento. ENORME NAGORE! Declárome o teu fan incondicional e non deixes de ser nunca a loitadora que demostraches con fartura ser. Bravo!
Xa metidos no Campionato de España en categoría cadete, cun formato novedoso onde empezamos gañando a primeira semifinal na categoría masculina coa victoria de Lucas García e o segundo posto para Damián Suárez e acadando o segundo posto na final por detrás da Comunidade Autónoma de Valencia.
Na categoría feminina, onde todas as rapazas fixeron unhas extraordinarias carreiras, acadamos a victoria por diante da Comunidade Autónoma de Valencia.
Na última proba do Campionato chegábamos moi parexos as dúas Comunidades e despóis dunha proba espectacular de todo o equipo e animando o resto da expedición, a victoria foi para o equipo da Comunidade Autónoma de Valencia e o noso relevo mixto entrou na segunda posición.
Dende aquí damos a enhorabuena ós integrantes da Comunidade Autónoma de Valencia pola súa victoria e a todo o noso equipo pola segunda posición acadada neste campionato de España. Noraboa!!
Podes consultar as clasificacións oficiais na páxina de Federación Española de Tríatlon.
Os adestradores da Selección Galega transmitíronnos a súa satisfación e agradecemento a todos os triatletas convocados para esta proba, así como a todos as nais e pais que acercáronse ata a Almazán. Ahora toca seguir aprendendo e disfrutando de este magnífico deporte que é o tríatlon.