Convocatoria de Prazas para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (Curso 2021-2022)

20 de Xullo de 2021

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACION DEPORTIVA DE PONTEVEDRA (Curso 2021/2022)

A FEGATRI abre o prazo ata o 31/07/2021 para solicitar praza no CGTD de Pontevedra cara o próximo curso escolar 2021/2022.

 

Os dous tipos de prazas que poden solicitarse serán para TECNIFICACION e RENDEMENTO.

As prazas de TECNIFICACION outorgan dereito a:  pensión completa de Luns a Venres, a adestramentos e a servizos médicos. Deben ser nados nos anos:2007, 2006, 2005 e 2004. E dicir, cursar no próximo ano 3º, 4 ESO ou 1º e 2º de BACH.

As prazas de RENDEMENTO teñen dereito a adestramentos e servizos médicos, segundo os resultados deportivos, poden ter dereito tamén ao xantar e residencia.

Para mais información, pregase consultar as bases da convocatoria no seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210719/AnuncioG0595-090721-0004_gl.html

 

Para optar a becas no CGTD teranse en conta:

  • Expediente e traxectoria académica. Deberase xuntar copia do boletín notas así coma sinalar cualificación media.
  • Resultados deportivos en competicións (autonómicas, nacionais e internacionais) nos últimos 3 anos (2019/2020/2021).
  • Valoración técnica da Dirección Deportiva
  • Valoración residencial (so renovación bolseiros).

 

As prazas para o próximo curso teñen que solicitalas todos/as aqueles/as deportistas que desexen entrar no CGTD e os/as  que xa son bolseiros na actualidade (enviar formulario da páxina seguinte a: info@fegatri.org .

Circular convocatoria prazas  cgtd 2021_22

Formulario-solicitude-cgtd-2021_22

 

 

16 / 100

Quizáis che interese…