SETE MEDALLAS PARA GALICIA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN

12 de Abril de 2015

Galicia acadou esta fin de semana un total de sete medallas (tres individuais e catro de clubs) no Campionato de España de Duatlón. Susana Rodríguez, Sara Gómez e Inés Santiago lograron as preseas individuais, mentres que o Tríatlon Ferrol foi ouro en cadete feminino e prata en júnior feminino, e o Cidade de Lugo foi ouro en clubs júnior feminino e o Arcade logrou a segunda praza en júnior masculino. En categoría elite, non houbo medallas para as e os representantes galegos.

 

Cadete. Na proba individual, dominio das deportistas do Tríatlon Ferrol. O primeiro posto foi para Ana Carvajal (Tríatlol Ferrol) e o segundo para Sharon Belén García, aínda que non teñen licenza galega. Eso sí, os seus resultados contan para a clasificación de clubs, e xunto a Raquel Ruíz, lle deron o título de campión de España da categoría cadete feminina ao Tríatlon Ferrol.

 

Na categoría masculina os resultados foron moi discretos para Galicia, a pesar do triunfo de Alberto González do Arcade Inforhouse, que non compite con licenza galega. Na clasificación de clubs, malas posicións para os clubs galegos. A importante renovación que se produciu este ano apreciouse nos resultados, despois dos cadetes de ouro que tivo Galicia nos dous últimos anos. As distancias nas probas cadetes son de 2,5 quilómetros de carreira a pe, 11,8 quilómetros de bicicleta e 1.250 metros de carreira a pe.

 

Júnior. Aquí comezaron a mellorar as cousas para as e os deportistas galegos, con dúas medallas individuais. Na categoría feminina, Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) logrou a medalla de prata despois dunha dura loita cunha rival habitual para ela, Cecilia Santamaría, que este ano fichou polo Cidade de Lugo Fluvial, e ademais a súa compañeira de equipo, Inés Santiago foi bronce. Carmen loitou polo ouro e nos dous primeiros segmentos foi en cabeza, pero no terceiro Cecilia foi a máis forte con diferencia e acadou o título.  Eses bos resultados individuais foron determinantes na clasificación por clubs, xa que o Cidade de Lugo Fluvial foi ouro e o Tríatlon Ferrol, prata.

 

Na categoría masculina,  Alberto Castiñeira, unha das nosas bazas,  acadou a oitava posición, mentres que o seu compañeiro de equipo Ignacio González (que non é galego) foi primeiro. Con estes resultados, o Arcade Inforhouse logrou a prata na clasificación de clubs masculina. As distancias son: 5- 21,8- 2,5.

 

En Paraduatlón, Susana Rodríguez proclamouse campioa de España  na categoría TRi6-B, para deportistas con discapacidade visual. As distancias foron de 5 quilómetros de carreira a pe, 21,8 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe).

 

Elite. A xornada completouse coa celebración das probas elite/sub 23, onde este ano Galicia non contaba cunha gran representación. En elite masculino resultou gañador o claro favorito Emilio Martín, mentres que na feminina proclamouse campioa de España Claudia Luna. Na categoría feminina podemos destacar a cuarta posición (segunda en sub 23) de Josely Brea, que adestra no Grupo de Alto Rendemento do CGTD. Ademáis a galega do Cidade de Lugo Fani Domínguez foi sexta clasificada.

 

 

Podedes atopar todas as clasificacións en:

http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/resultados-2015/

Quizáis che interese…