Silvia García e Cristian Fernández vencen no I Dúatlon Solidario da Baña

30 de Marzo de 2023

O domingo, 26 de marzo, celebrouse o I Dúatlon Solidario da Baña a prol da Asociación Española de GRINpatías.
A Baña foi a terceira das catro sedes elixidas para celebrar os clasificatorios para o Campionato Galego de Dúatlon de Estrada. Ademáis, a xornada de competición contou cunha proba de promoción de menores e cunha proba Supersprint.

Na proba absoluta feminina, Silvia García do Artrogal-Tri 498 foi a vencedora cun tempo de 01:12:23, seguida de Inés Santiago do Tríatlon Ferrol (01:12:42) e Margarita Villaverde do Artrogal-Tri 498 (01:13:17).

Na categoría Xuvenil o primeiro posto foi para Noelia Rey (Tríatlon Inforhouse Santiago) e na categoría Sub23 para Elena Fernández (Club Hércules Termaria).
Na categoría Veteráns 1 o podio estivo formado por Margarita Villaverde (Artrogal-Tri 498), Beatriz Barroso (Artrogal-Tri 498) e Begoña Arranz (Trinorth). Mentres que na categoría Veteráns 2 o primeiro posto foi para María Ángeles Iglesias (Club Deportivo Pinarium).

Por clubes, o primeiro posto foi para o Artrogal – Tri 498.

Na proba absoluta masculina, Cristian Fernández do Tríatlon Inforhouse Santiago subiuse ao máis alto do podio depois de completar o percorrido nun tempo de 58:06. Xunto a el, David González do Cidade de Lugo Fluvial subiuse ao segundo caixón (58:17) e Diego Carballeira do Tríatlon Ferrol ao terceiro (58:27).

Por categorías:
Júnior
1- Diego Carballeira (Tríatlon Ferrol)
2- Miguel García (Tríatlon Rías Baixas)

Sub23
1- David González (Cidade de Lugo Fluvial)
2- Víctor Bouzón (Club Olímpico de Vedra)
3- Eloy Breogán Villanueva (A.D. Náutico de Narón)

Veteráns 1
1- Manuel Domingo Dosil (Club Ciclista Muros)
2- Damián Novoa (Tri Ourense)
3- Carlos Juanatey (Artrogal – Tri 498)

Veteráns 2
1- Jorge Manuel García (Cidade de Lugo Fluvial)
2- Fernando Antonio Bouzón (Club Tríatlon Coruña)
3- Jose Eugenio Ledo (Club Deportivo Delikia)

Por clubes, o primeiro posto foi para o Tríatlon Inforhouse Santiago, seguido do Club Tríatlon Poio e do Artrogal – Tri 498.

Na proba do circuíto Supersprint participaron máis de 50 deportistas. Os tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría foron:

Xuvenil
1- Hugo Souto (A.D. Fogar) e Andrea Díaz (C.N Cedeira Muebles García)
2- Adrián Sancho (A.D. Fogar) e Irene Freire (C.N Cedeira Muebles García)
3- Anxo Bello (A.D. Fogar) e Alba Graña (C.N Cedeira Muebles García)

Cadete
1-  Michel Nuñez (A.D. Fogar) e Daniel Rama (Tríatlon Inforhouse Santiago)
2- Joel Barcia (A.D. Fogar) e Inés Duarte (A.D. Fogar)
3- Pablo Lestón (Club Ciclista Muros) e Paula Ibáñez (Club Natación Riveira)

Júnior
1- Rubén Otero (A.D. Fogar) e Rosana Fernández (Tríatlon Inforhouse Santiago)
2- Lucía Sánchez (C.N Cedeira Muebles García)
3- Noa Carlota Atanes (A.D. Fogar)

Clubes
1- A.D. Fogar
2- Tríatlon Inforhouse Santiago
3- C.N Cedeira Muebles García

Na proba Popular os treis primeiros/as clasificados/as foron:
1- Juan José Bello e Eva Formoso
2- David Pérez
3- Víctor Lema

Por último, tamén organizouse unha proba de promoción de menores para os deportistas máis novos.

Benxamín
1- Sara Muiño (Tríatlon Inforhouse Santiago) e Gabriel Nogueira (Club Tríatlon Compostela)
2- Martina Junquera (Club Tríatlon Poio) e Xian Castro (Tríatlon Inforhouse Santiago)
3- Nora Varela (Tríatlon Inforhouse Santiago) e Nuno Barcia (A.D. Fogar)

Alevín
1- Estela Yañez (Club Tríatlon Coruña) e Manuel Martínez (Club Natación Riveira)
2- Martina Yubero (Club Deportivo Pinarium) e Antón Viña (Club Tríatlon Coruña)
3- Noa Villadoniga (C.N Cedeira Muebles García) e Pablo Jove (APTri)

Infantil
1- Lucía Ageitos (Club Natación Riveira) e Jeyden Jael Silva (Club Natación Riveira)
2- Candela Lago (Tríatlon Inforhouse Santiago) e Tomás Bautista (Club Atletismo Porriño)
3- Iria Vázquez (Tríatlon Inforhouse Santiago) e Manuel López (A.D. Fogar)

 

Clasificacións proba Sprint Absoluta

Clasificacións proba Supersprint e popular

Clasificación proba de Promoción de Menores

Imaxe: Concello da Baña / Varodrón

Quizáis che interese…