SOLICITUDE DE INVITACIÓNS PARA O CTO. GALEGO DE TRÍATLON 2017:
As solicitudes de invitación enviaranse á Federación (por correo electrónico: fegatri@hotmail.com).
Prazo para o envío de solicitudes: ata ás 14:00 horas do venres, 18 de Agosto de 2017.
Para a súa solicitude seguirase o indicado no punto 5 do Regulamento para os Circuítos Galegos de Duatlon e Tríatlon e Campionatos Galegos Tempada 2017:
5.2) Distribución: As invitacións concederanse a mulleres e homes en función da clasificación no Campionato Galego da tempada anterior feminino e masculino respectivamente.
a) Os tres primeiros clubs masculinos do Cto. Galego da tempada anterior disporán de 3 invitacións masculinas e os tres primeiros femininos disporán de 3 femininas.
No seguinte enlace podedes consultar a lista de clasificados ata o momento para o Cto. Galego de Tríatlon 2017 en Poio, Lugo e Arteixo a falta da proba de Ferrol: Clasificados Cto Galego Tríatlon 2017