SOLICITUDE DE INVITACIÓNS PARA O CTO. GALEGO DE TRÍATLON 2015:
As solicitudes de invitación enviaranse á Federación (por correo electrónico: fegatri@hotmail.com).
Prazo para o envío de solicitudes: ata ás 18:00 horas do domingo, 30 de Agosto de 2015.
Para a súa solicitude seguirase o indicado no punto 6 do Regulamento para os Circuítos Galegos de Duatlon e Tríatlon e Campionatos Galegos Tempada 2015 (aprobado en Asemblea de 04/12/2014):
6. Os tres primeiros clubs do ano 2014 disporán de tres invitacións masculinas e 2 femininas.
Do 4º ó 6º club disporán de 2 e 1.
O resto disporán de 1 e 1.
A Dirección Técnica da FEGATRI disporá de 3 e 3 invitacións, que poderá dar ou non, avaliadas as solicitudes presentadas. As solicitudes deben ser motivadas e presentadas á Federación ó remate dos circuítos. As invitacións non alterarán a participación dos equipos ( é dicir, para o equipo que non teña previamente á final tres clasificados, como mínimo, non lle puntuará o deportista invitado; no caso de telos xa clasificados, puntuará coma un máis).
As invitacións só serán para federados galegos.
No seguinte enlace podedes consultar a lista de clasificados para o Cto. Galego de Tríatlon 2015: