SOLICITUDE INVITACIÓNS E CLASIFICADOS CTO GALEGO TRÍATLON 2016

11 de Agosto de 2016

SOLICITUDE DE INVITACIÓNS PARA O CTO. GALEGO DE TRÍATLON 2016:

As solicitudes de invitación enviaranse á Federación (por correo electrónico: fegatri@hotmail.com).

Prazo para o envío de solicitudes: ata ás 14:00 horas do luns, 22 de Agosto de 2016.

Para a súa solicitude seguirase o indicado no punto 5 do Regulamento para os Circuítos Galegos de Duatlon e Tríatlon e Campionatos Galegos Tempada 2016 (aprobado en Asemblea de 17/12/2015):

5.-   Invitacións para o Cpto GalegoAs invitacións non alterarán a participación dos equipos. É dicir, se o equipo non tivera tres clasificados ou clasificadas, previamente á final,  non lle puntuará ningún invitado ou invitada. No caso de ter previamente 3 clasificados puntuarían coma un ou unha máis.

5.1)    As invitacións só serán para  deportistas con licenza galega pertencentes a Clubs que tivesen participación na tempada anterior.

5.2)    Distribución

a) Os tres primeiros clubs masculinos do Cto. Galego da tempada anterior disporán de 3 invitacións masculinas e os tres primeiros femininos disporán de 3 femininas.
b)  Do 4º ao 6º disporán de 2 e 2
b)    O  resto disporán de 1 e 1 .
c)    A Dirección Técnica da FEGATRI disporá de 3 e 3 invitacións, que poderá dar ou non, avaliadas as solicitudes presentadas. As solicitudes deben ser motivadas e presentadas á Federación ao remate dos circuítos.

 

No seguinte enlace podedes consultar a lista de clasificados para o Cto. Galego de Tríatlon 2016:

Clasificados Cto Galego Tríatlon 2016

Quizáis che interese…