Solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento (GST/GIF) FEGATRI -para transporte de bicicletas para acudir á Copa de Europa de Melilla

2 de Abril de 2024

Convocatoria solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento FEGATRI   para transporte de bicicletas

COPA DE EUROPA DE TRIATLON DE MELILLA

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro do programa de tecnificación e rendemento 2024, ten establecido o apoio a deportistas con licenza galega pertencentes a clubs galegos de interese federativo, para a súa promoción deportiva nacional e internacional.

Conforme ao anterior  ábrese prazo de solicitude para acceder á colaboración  para  deportistas que estén aceptados/as na lista de inscrición da Copa de Europa de Melilla  e desexen recibir a axuda da FEGATRI no transporte de bicicletas,  formando  parte do programa  e representando á FEGATRI.

Condicións Programa Tecnificación):

O/A Deportista formalizará a inscrición no  programa a través da plataforma de inscricións para deportistas que se inscriban por primeira vez no programa e non teñan o tritraxe da FEGATRI a cota será de 70,00 €  a través de TPV. Deportistas que xa partipasen en probas internacionais representando á FEGATRI terán bonificado o 100% da cota de inscrición.

Contacto Xunta Directiva para xestión de tallaxe e modelo de tritraxe selección

  • Adrián Vázquez Fernández (Responsable de Menores)
  • Tlf. 646.609.171
  • email menores@fegatri.org

Formalización da solicitude a través da plataforma de inscricións co abono do importe correspondente á xestión do tritraxe da FEGATRI .

https://www.rockthesport.com/es/evento/programa-tecnificacion-e-rendemento-grupo-de-interes-federativo-2024-copas-continentais-e-world-tria

BICICLETAS

Para a recollida das bicicletas contactarase individualmente con cada club.

PLAN VIAXE

  • Saida o xoves 11 de abril a primeira hora da mañá.
  • Ferry o xoves pola noite. Chegada a Melilla o venres a primeira hora da mañá
  • Volta o domingo no ferry de media noite.
  • Chegada a Pontevedra o luns sobre as 20:00h

TÉCNICOS FEGATRI RESPONSABLES DA VIAXE

ADRIÁN VÁZQUEZ FERNÁNDEZ – Teléfono 646 60 91 71

VER CONVOCATORIA

Quizáis che interese…