SUSANA RODRÍGUEZ, BRONCE NA PROBA MUNDIAL DE PARATRíATLON DE LONDRES

30 de Maio de 2015

A viguesa Susana Rodríguez acadou a medalla de bronce na proba mundial de Paratríatlon, que se disputou hoxe en Londres.

A loita estivo entre as tres máximas candidatas a facerse co triunfo: Melissa Reid, que competía en casa; a holandesa Joleen Hakker e a galega Susana Rodríguez, que acudía a esta cita coa súa guía Mayalen Noriega.

Pero nesta oportunidade, Susana non tivo o mellor dos días e non estivo ao nivel de Madrid, onde logrou o ouro. A proba foi liderada pola holandesa Joleen Hakker, que saía con tempo de compensación por diante (3:48), pero Melissa Reid foi remontando pouco a pouco ata acadar a primeira posición ao final. Desta forma, o triunfo foi para Reid cun tempo de 01:10:36; prata para Joleen (01:10:50) e bronce para Susana (01:12:24), que a pesar de ir recortando non foi quen de alcanzalas.

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...