SUSANA RODRÍGUEZ, CAMPIOA DE EUROPA DE DUATLÓN

25 de Abril de 2015

A viguesa Susana Rodríguez logrou o título de campioa de Europa de Duatlón en Alcobendas. Foi unha carreira moi complicada por culpa dunha avaría na bicicleta. A galega sufriu a rotura do cambio durante o sector de bicicleta e tivo que rematar sen meter prato. A clave era rematar, xa que Susana competía sola, pero é necesario seguir sumando puntos no ránking cara aos Xogos Paralímpicos de Río.

Desta forma, Susana (con Blanca Lavandeira do Mar de Vigo coma guía) logrou o título cun tempo de 01:22:32. E xa a pensar no próximo reto.

Noraboa Susana!

Quizáis che interese…