A paratriatleta Susana Rodríguez chegaba como líder á Gran Final das Series Mundiais de Paratriatlon que se disputou esta fin de semana en Laussane.
A viguesa tomaba parte na proba xunto á súa guía Paula García, coa que xa o ano pasado se coronou como a mellor paratriatleta mundial en PTVI. O tándem español mostrou unha gran superioridade na competición, dominando en todo momento con respeto ás súas rivais.
Este novo título de Susana sumase ao seu amplio palmarés internacional, e de seguro que lle dará folgos de cara a preparación de Tokyo 2020.
Foto. Fetri