JAVIER GÓMEZ NOYA BRONCE NO MUNDIAL 2019.

31 de Agosto de 2019

Dende o día de hoxe Javier Gómez Noya xa pode engadir ao seu extenso palmarés deportivo o terceiro posto nas series mundiais do 2019. O ferrolán firmou un sexto posto na Gran Final celebrada na xornada de hoxe en Lausanne, que lle permitiu subir ao terceiro caixón do podio. Javi suma once anos entre os tres mellores triatletas en distancia olímpica!

O outro representante galego na cidade olímpica era o vigués Antonio Serrat. O vigués cerrou no día de hoxe a súa primeira tempada completa nas series mundiais. Serrat como nos ten habituados douno todo ao longo da proba e ata nos fixo pensar cun hipotético doblete galego, posto que no segmento ciclista chegou a liderar a proba xunto con Javi Gómez Noya. Finalmente Antonio finalizou nunha fantástica vixésimo primeira posición.

Fotos: Fetri, ITU

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.