SUSANA RODRÍGUEZ, NA PRESENTACIÓN DO EQUIPO PARALÍMPICO GALEGO DE RÍO

31 de Maio de 2016

A viguesa Susana Rodríguez Gacio foi unha das protagonistas na presentación do equipo paralímpico galego de Río, que se celebrou hoxe en Vigo.

No acto estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, un representante do Comité Paralímpico Español, un representante de Gadis (un dos patrocinadores do equipo paralímpico) e varios deportistas galegos que acadaron  a súa clasificación para Río.

Susana manifestou su ledicia por acadar un obxectivo moi duro na primeira oportunidade na que o tríatlon forma parte do calendario paralímpico.  A nosa deportista tamén expresou o seu desexo de que “no futuro haxa máis mulleres no equipo”.

Nos Xogos Paralímpicos de Río haberá 22 deportes, 21 sedes de competición e 2.200 periodistas acreditados, Nos últimos xogos de Londres o equipo español acadou un total de 42 medallas e na primeira quincena de xullo darase a coñecer o listado definitivo de deportistas que estarán presentes nesta transcendental cita deportiva.

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...