SUSANA RODRÍGUEZ, OURO NA SERIE MUNDIAL DE PARATRÍATLON DE YOKOHAMA

12 de Maio de 2018

Magnífico o debú de Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) na primeira Serie Mundial de Paratríatlon do presente ano, na que se presentaba ademais con nova guía (Paula García Godino). A galega logrou en Yokohama a medalla de ouro na súa categoría (PTVI), para deportistas con discapacidade visual.

Nesta proba Susana foi moi superior. A italiana Anna Barbaro (B1) saíu en cabeza da auga grazas a compensación que ten por ser B1 (3:42). Aínda así, a viguesa xa logrou recuperar dous dos minutos que tiña de vantaxe. Mentres, a americana Elizabeth Baker, que a priori era a rival máis forte, estaba a só 15 segundos. Pero hoxe o tandem Susana-Paula funcionou ás mil marabillas tanto nas transicións coma na bicicleta e o segmento da carreira a pe foi prácticamente un trámite, xa que tiña o ouro case totalmente asegurado. So un incidente podería privarlles da vitoria, e non sucedeu.

Desta forma o ouro foi para Susana Rodríguez cun tempo de 01:08:15, na segunda posición chegou Elizabeth Baker (01:11:05) e o bronce foi para Anna Barbaro (01:15:42).

 

Quizáis che interese…