SUSANA RODRIGUEZ PARTICIPARÁ ESTA FIN DE SEMANA NA WORLD PARATRIATHLON EVENT DE BESANÇON

23 de Maio de 2014

A viguesa Susana Rodríguez Gacio (Cidade de Lugo Fluvial), xunto a súa guía Mayalen Noriega, participará esta fin de semana na World Paratriathlon Event, que se celebrará na cidade francesa de Besançon.

A proba, que se disputará o domingo, realizarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 18;5 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pe). Na mesma participarán un total de 60 paratriatletas de Europa, Oceanía e América. Susana competirá na categoría PT5, para deportistas con deficiencias visuais, e enfrontarase a dúas holandesas: Joleen Hakker e Odette Van Deudekom.

Susana Rodríguez chega a esta proba con sensacións encontradas: Moi animada tras gañar a pasada fin de semana en Yokohama a proba das Series Mundiais, e terriblemente decepcionada ao coñecer estos días que non está inscrita no Europeo de Paratriatlon por un erro da Federación Española de Tríatlon que non fixo as inscripcións na proba.

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...