SUSANA RODRÍGUEZ, PRATA NA SERIE MUNDIAL DE PARATRÍATLON DE GOLD COAST

8 de Abril de 2017

Susana Rodríguez (Mar de Vigo) logrou a medalla de prata na primeira Serie Mundial de Paratríatlon, na categoría PTVI (para deportistas con discapacidade visual), que se disputou hoxe en Gold Coast (Australia).

A viguesa enfronta este ano novos retos, xa que ten que compaxinar o adestramento co traballo, pero coa ilusión de sempre. Esta era a primeira proba da tempada e ademais un estreo, xa que este ano púxose en marcha un circuíto de Series Mundiais, semellante aos de elite, que aporta moitos puntos para o ranking mundial.

A de Gold Coast foi a primeira proba deste circuíto (son tres en total) e Susana e a súa guía Mabel Gallardo viaxaban coa intención de facer podio. E as cousas comezaron ben para o noso equipo. Foron as primeiras en saír da auga, cuns segundos de vantaxe sobre a australiana Katie Kelly. O segmento da bicicleta foi o máis frouxo para elas, o que lles levou a perder algúns postos, mentres que seguía en cabeza Kelly con Elisabeth Baker (USA) moi preto. Pero na carreira a pe, a australiana desapareceu, mentres que Baker foi a máis rápida para conseguir a vitoria (01:06:50). Por detrás, Susana ía a moi bo ritmo e logrou o segundo mellor parcial neste segmento para acadar así a medalla de prata (01:07:24).

Magnífico debut nas Series Mundiais de Paratríatlon para Susana Rodríguez, que xa pensa na próxima proba, que será en Yokohama dentro dun mes (13 de maio).

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.