SUSPENDIDA A PROBA DA COPA DO MUNDO DE PENTATLÓN MODERNO DE ACAPULCO

1 de Marzo de 2014

A Unión Internacional de Pentatlón Moderno tomou a decisión de suspender a proba da Copa do Mundo de Pentatlón Moderno de Acapulco e celebrar as dúas finais dentro de 6 ou 7 semanas en Europa. O motivo da dita decisión foi o plante realizado polos deportistas ante a pésima condicións nas que se atopaban os cabalos cos que contaba a organización para realizala proba de equitación.

O problema xurdiu xa na final feminina, xa que a metade das deportistas remataron accidentadas  e non se puido rematala competición. Ao ver esta situación, os deportistas masculinos decidiron que non ían disputala final nesas pésimas condicións.

Finalmente, despois de varias horas de negociacións, a Federación Internacional decidiu que se celebrarán as finais, tanto masculina coma feminina, dentro de 6 ou 7 semanas en Europa, e será a Internacional quen asuma os gastos de desprazamento das e dos participantes.

Así, teremos que esperar para ver en acción a Cristóbal Rodríguez, que logrou a clasificación para a final dunha forma brillante. O galego fixo unha moi boa natación e esgrima, aínda que estivo un pouco máis discreto na combinada (carreira e tiro), pero logrou o pase á final con moita comodidade, ao clasificarse no posto 22 dos 36 clasificados, nunha proba na que estaban os mellores pentatletas do mundo.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.