Despóis dunha fantástica fin de semana en Águilas para os equipos galegos e o turno dos duatletas e triatletas a nivel internacional.
Targu Mures
Na localidade rumana de Targu Mures está celebrándose o Campionato do Mundo Multideporte, que tan bós recordos traenos aos galegos. Non esquecemos aqueles maravillosos momentos vividos en Pontevedra no ano 2019.
Hoxe 10 de Xuño, celébrase a proba élite de Duatlón Standard coa participación do duatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Celestino Fernández Martínez, actual campión de España. Na proba élite feminina, tamén temos representación coa presencia das irmáns Brea, Edymar e Joselyn, do Club Deportivo Delikia, representando a Venezuela. Na categoría Sub23, o galego Iván Puentes do Tríatlon Ferrol, será o representante español na proba.
Leeds
O Sábado 11 de Xuño, as Series Mundiais chegan a Leeds, coa participación do triatleta galego do Cidade de Lugo Fluvial, Antonio Serrat. O galego lidera o equipo nacional e tentará recuperar o liderato da xeral, despóis da súa 11ª praza en Yokohama. Actualmente ocupa a segunda praza a 152 puntos do francés Leo Bergere.
Na proba feminina, a triatleta do Tríatlon Ferrol, Miriam Casillas, tratará de seguir sumando puntos, gracias o seu estado de forma con su top10 en Yokohama e a súa quinta posición na última proba celebrada en Arzachena.
Na proba de relevos mixtos, tamén temos presencia galega, coa participación de Iria Rodríguez do Cidade de Lugo Fluvial formando parte do relevo español.
As Series Mundiais de Leeds poden seguirse en directo a través de TriathlonLive a partir das 15:00 horas do sábado 11 de Xuño coa proba masculina. O domingo 12 de Xuño, celébrase a espectacular proba de relevos mixtos.
Coimbra
Esta fin de semana, temos tríatlon internacional por partida dobre. A Copa de Europa de Tríatlon celébrase en Coimbra, coa participación do triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Esteban Basanta, representando a selección España. Na proba feminina, as galegas do Náutico de Narón, Sara Guerrero e Natalia Castro, forman parte do equipo nacional que tentará seguir mantendo os éxitos de probas anteriores.
Ademáis das probas internacionais, en Zarauz celébrase o tríatlon de media distancia coa presencia do triatleta Antonio Benito do Cidade de Lugo Fluvial, que tentará estar entre os primeiros grazas o seu bo estado de forma.
Xa en Galicia, o sábado celébrase a IV Edición do Tríatlon Mar de Muros (Trofeo Iván Raña). Unha proba popular moi especial coa presencia de Iván Raña na liña de saída.
Moita sorte e a disfrutar deste bonito deporte. 💪