TERESA BARREIRA E MANUEL PIÑEIRO, CAMPIÓNS GALEGOS DE DÚATLON CROSS 2019

24 de Febreiro de 2019

Teresa Barreira (Tríatlon Ferrol) e Manuel Piñeiro (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe en Meirás (Sada) campións galegos de Dúatlon Cross 2019 e vencedores da proba, na que participaron case 130 deportistas.

Podio masculino.

Na categoría feminina, a proba comezou moi apertada, con Teresa Barreira (Tríatlon Ferrol) e Aída García (Club Ciclismo-Tríatlon Poio) empatadas no primeiro segmento. Pero o sector da bicicleta de montaña foi decisivo, xa que Teresa logrou marcharse en solitario e cunha ampla distancia, xa que chegou a segunda transición con case tres minutos de vantaxe sobre Aída. Desta forma, na última carreira a pe, a deportista do Tríatlon Ferrol foi controlando as distancias para chegar a meta na primeira posición cun tempo final de 1:53:14. O segundo posto foi para Aída García, que logrou remontar case un minuto no terceiro segmento (1:54:47) e o terceiro lugar foi para Mar Delgado (Tríatlon Ferrol), que fixo unha carreira case en solitario (1:58:44).

Na categoría masculina repetiu triunfo o campión galego do pasado ano, Manuel Piñeiro (Cidade de Lugo Fluvial), que foi superior aos seus rivais. Piñeiro dominou dende o primeiro segmento e foi como líder ata a liña de meta, cun tempo final de 1:33:58. A segunda posición foi para outro dos favoritos, David Calzas (Tríatlon Costa da Morte), que tamén fixo unha proba moi regular (1:37:11) e por último, o podio completouse con Marcos Mayo (Tríatlon O Treito), cun tempo de 1:37:50.

Os gañadores noutras categorías do Galego foron:

  • Júnior: Eloy Villanueva (Náutico de Narón)
  • Veteran@ 1: Teresa Barreira (Tríatlon Ferrol) e Marcos Mayo (Tríatlon o Treito)
  • Clubs: Tríatlon Ferrol (feminino) e Tríatlon Costa da Morte (masculino).

No Dúatlon Cross de Meirás (Sada) as e os participantes tiveron que facer 7,85 quilómetros, f19 quilómetros en bicicleta de montaña e 4,35 quilómetros a pe. A saída, meta e transicións estaban situadas no Area Recreativa de Meirás e o circuíto de bicicleta (btt) descorreu nun 90% por montaña.

Ademais da proba individual, no Dúatlon Cross de Meirás tamén se disputou unha proba de relevos nas categorías feminina, masculina e mixta. Así nos relevos femininos gañou a parella Guaraní (formada por Liza Caballero e Laura Felipa Meza), mentres que na masculina venceu 2Torpe2 (con Javier Seoane e Alexandre Rodríguez). Por último, en relevos mixtos gañou Mister Nutrición Carballo (Óscar Barreiro e Noelia Gómez).

DUCROS SADA 2019

GALEGO DUCROS SADA 2019

 

Quizáis che interese…