TODO PREPARADO PARA UNHA NOVA EDICIÓN DO AVIAMAN

16 de Maio de 2019

O próximo domingo 19, e da man do Club Lamargha Beariz Triatlón. Arrancará unha nova edición dunhas das probas máis singulares no calendario galego, o Aviaman Copa Deputación de Ourense de Tríatlon.

A proba dará comezo as 8:30 da mañá coa saída masculina na área recreativa Ponte Esperela, no concello de Leiro.

Os 125 participantes chegados de toda Galicia teranse que enfrontar a 1,2km de natación no río Avia. Seguidamente pedalear 65 km en solitario, xa que esta proba está encadrada dentro do circuito galego sen drafting.

Unha das particularidades deste tríatlon reside no segmento cilcista. Xa que os triatletas deberan percorrer 65km cun desnivel acumulado de preto de 2.000m. Dende Leiro diríxense ao Concello de Avión para comezar a esixente ascensión ao porto dos Xarotos, na Serra do Suido nos límites coa provincia de Pontevedra, con rampas que chegan ao 20% e unhas fermosas vistas durante todo o ascenso. Unha vez coronado o porto toca baixar ao núcleo de Avión para afrontar a ascensión a Pena Corneira e unha vez ahí o que queda e baixar hasta Leiro. A carreira a pé consta de 14 km na que os deportistas percorrerán a ribeira do Avia ao seu paso por Leiro.

Revive a edición do ano pasado no seguinte vídeo

Inscrición Aviaman 2019 Copa Deputación de Ourense de Tríatlon

Predicción meteorolóxica

Quizáis che interese…