Top 15 para Cristian Fernández e Iván Puentes na Copa de África de Yasmine Hammamet

28 de Maio de 2023

O 27 de maio, Iván Puentes, Víctor Bouzón e Cristian Fernández tiveron unha nova experiencia internacional na Copa de África de Yasmine Hammamet (Túnez).

Cristian Fernández foi o mellor posicionado, rematando 13º cun tempo de 56:12. A 5 segundos chegaba Iván Puentes do Tríatlon Ferrol para ser 14º (56:17). Pola súa banda, Víctor Bouzón cruzaba a meta no 24º posto (58:14).

O vencedor da proba foi o alemán Tim Hellwing, seguido de Chris Ziehmer (GER) e Henry Rappo (EST).

Resultados completos.

Os triatletas galegos competiron co tri traxe da FEGATRI.

 

Quizáis che interese…