TRECE GALEGOS PARTICIPARÁN O SÁBADO 6 DE XULLO EN BARCELONA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PÉNTATLON MODERNO

4 de Xullo de 2013

Galicia desprazará a 13 deportistas ao Campionato de España Individual de Péntatlon Moderno, que se celebrará o sábado 6 de xullo en Sant Boi de LLobregat (Barcelona). O obxectivo é regresar con moitas medallas no peto, porque os resultados da tempada auguran un bo resultado neste torneo. De feito hai uns días Aroa Freije logrou a primeira medalla europea para o péntatlon galego. O domingo celebrarase o Campionato de España de Biatlón.

 A proba, que se celebrará en Sant Boi de Llobregat comezará as 13:30 horas e ao longo de toda a tarde as e os deportistas irán cubrindo as diferentes probas. Os benxamíns, alevíns e infantís realizarán as probas de natación e combinada (carreira e tiro con láser); mentres que os cadetes e xuvenís xa incorporan a especialidade de esgrima e por último, os júnior e sénior, realizarán todas as disciplinas (natación, esgrima, hípica e combinada). Tamén participará no Campionato de España Cristóbal Rodríguez, que actualmente está adestrando e preparando o Campionato de Europa. A dúbida será saber en que condicións chega, xa que viaxa o mesmo día da competición, polo que pode chegar canso.

No ano 2012 Galicia logrou nove medallas (4 ouros, 4 pratas e un bronce) no Campionato de España Individual de Péntatlon Moderno. Con estes resultados, Galicia repetiu o  mesmo número de medallas do ano 2011, algo que parecía complicado.

 Campionato de España de Biatlón. Este torneo, que vai pola súa novena edición, disputarase o domingo 7 de xullo en Sant Boi de Llobregat tamén en todas as categorías (dende benxamín a veteráns) e coa participación da mesma selección galega. As distancias no Campionato de España de Biatlón son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín e alevín as e os participantes correrán 500 metros, nadarán 50 e correrán 500 metros. Os infantís deberán correr 500 metros, para despois nadar 100 metros e finalizar con 500 de carreira a pe. En cadete as distancias son 1.000-200-1.000, mentres que para as categorías xuvenil, júnior e sénior as distancias son as mesmas: 1.500-200-1.500. E xa para rematar, sinalar que na categoría máster as distancias son de 1.000 metros de carreira a pe, 100 metros de natación e 1.000 de carreira a pe.

 

A continuación, a convocatoria galega.

PARTICIPANTES GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL DE PENTATLON
Benxamín masculino Lucas Pena Cuesta
Alevín feminino Andrea Vidal Lamas
Alevín masculino Martín Freije Torneiro
Esteban Basanta Fouz
Infantil femenino  Yolanda Rodríguez Fidalgo
Lorena Iglesias Andrade
Infantil masculino Javier Pena Cuesta
Cadete feminino Aroa Freije Torneiro
Lúa Vidal Lamas
Estela Díaz González
Xuvenil masculino Raul Blanco Porto
Joel Rois Rodríguez
Júnior masculino (e absoluto) Cristóbal Rodríguez Fidalgo

 

 

 

Quizáis che interese…