TRI-PENTA TERRAS DE LUGO, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE DÚATLON POR RELEVOS MIXTOS

25 de Marzo de 2018

Tri-Penta Terras de Lugo logrou hoxe o primeiro título de campión de España de Dúatlon por relevos mixtos, proba que se estreou hoxe en Boiro. Este campionato é a segunda proba da Liga Nacional de Clubs, tralo Campionato de España de Dúatlon por clubs celebrado onte.

O conxunto do Terras de Lugo xa amosara moi bo nivel o sábado e volveu confirmalo hoxe cun equipo moi potente formado por Fernando Alarza, Luis Miguel Velásquez e as irmás Joselyn e Daniely Brea. E non decepcionaron.

A primeira relevista foi Edymar Brea e foi a que sufriu un pouco máis, con Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), pero aínda así deu o paso á Luismi Velásquez na primeira posición. E isto xa non cambiou de aquí ao final, senón que foron ampliando as distancias ata que Fernando Alarza chegou a meta con case dous minutos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Diablillos de Rivas, e na terceira posición, Tríatlon Clavería Móstoles. Moi preto do podio estivo o Tríatlon Ferrol, que chegou na cuarta posición a escasos segundos do terceiro, mentres que Cidade de Lugo Fluvial foi sexto clasificado.

Cada un dos integrantes do equipo ten que facer un mini-dúatlon (1,5 carreira a pe, 5,3 de bicicleta e 750 metros de carreira) ata darlle o testemuño ao seguinte compañeiro, nun conxunto formado por dous homes e dúas mulleres.

Terceira División. En Terceira División ascendían os catro primeiros por categoría e hai que destacar os ascensos do club coruñés NoSportLimit feminino, que rematou na segunda posición, e o Mar de Vigo (foi cuarto). Na categoría masculina non houbo ascensos galegos.

Podedes consultar as clasificacións no seguinte enlace:

 

http://triatlon.org/triweb/wp-content/uploads/2018/02/1.-Relevos-Mixtos-ELITE.pdf

Quizáis che interese…