Tríatlon Cros Concello de Miño

triatlon cros concello de miño

24 de Setembro de 2021

Esta fin de semana ímonos ao Miño coa proba popular de Tríatlon Cros organizada polo Concello de Miño e a Excma. Deputación da Coruña, nas inmediacións da Praia Grande de Miño e coa intención de converterse en todo un referente do tríatlon galego.

triatlon cros concello de miño

81 triatletas na proba individual e ata 87 deportistas na proba de relevos, estarán o domingo 26 de Outubro na liña de saída.

O/ A Deportista é responsable de respectar as normativas vixentes de prevención e contención da propagación da COVID 19 e o protocolo específico da Federación Galega de Tríatlon certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte. Polo que é obrigatorio entregar a súa declaración responsable de cumprimento do mesmo para acceder ao evento.

HORARIO

08:45 a 09:45 aceso a zona sede e control de material.
09:45 cámara de chamadas.
10:00 1ª Saída (10 deportistas cada 30″). Os deportistas deberán estar na cámara de chamadas, diante da súa caixa, 15 mintuso antes da súa hora de saída.

PERCORRIDOS

Sector de natación. 1 volta de 1000 metros.
Sector de bicicleta de montaña. 30kms. Enlace de 2,9kms máis 4 voltas de 6,8kms e enlace de 2,9kms. No está permitido o drafting (non se pode ir a roda).
Sector de carreira a pé. 7kms. Enlace de 1,2kms máis 4 voltas de 1km e enlace de 1,2kms.

SAÍDAS

Podes consultar o horario de saídas no seguinte enlace.

Máis información na páxina do evento. Tríatlon Concello de Miño.

Moita sorte. 💪💪💪

Quizáis che interese…

Acuatlón Castrelo do Miño

Acuatlón Castrelo do Miño

O pasado fin de semana celebrouse a Copa Deputación Ourense de Acuatlón - Acuatlón Castrelo de...