Hoxe celebrouse a segunda xornada de competicións en Noia, co estreo do Campionato de España de Duatlón por Relevos Elite, Open e Escolar. Os triunfos na categoría elite foron para o Mallorca Training Triathlon Team (masculino) e Triatlón Clavería de Móstoles (feminino). No Campionato de España escolar houbo medallas galegas: Tríatlon Ferrol foi ouro e Arcade Inforhouse, prata na categoría feminina, mentres que na masculina o Dexter logrou o bronce.
Os compoñentes do Mallorca Training Triathlon Team alzábanse co triunfo en categoría elite masculina, conseguindo o seu segundo título do fin de semana. O equipo estivo formado por Miguel Ángel Fidalgo, Toumi Dahmani e o galego Óscar Vicente (agora con licenza balear), e dende o primeiro relevo xa se colocaron nas primeiras prazas.
Por detrás, a segunda praza era para Ignacio Muller, Jaume Ducasse e Raúl Amatriain del Saltoki Trikideak. Mentres que a terceira praza do podio foi para o Nfoque Race Team (Jesús de la Morena, Miguel Ángel Garnacho e Luis Miguel Martín Berlanas).
En féminas as duatletas do Triatlón Clavería de Móstoles proclamábanse vencedoras. O relevo estivo formado por Mónica Yerra, Sara Bonilla e Sara Regidor. Tras elas, o CT Diablillos de Rivas (Lucía Pérez, Xisca Tous e Paula García) lograba o subcampionato e Rocío Espada, Beatriz Escribano e Nieves Infante do AD Sevilla Bikila, colgábanse a medalla de bronce.
Neste torneo os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un pequeno duatlón (2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 de carreira a pe).
Campionato de España Escolar. Noia tamén acolleu o Campionato Escolar no que os clubs galegos si renderon a un moi alto nivel, Na categoría feminina a vitoria foi para Sara Guerrero, Inés Santiago e Carmen Gómez do Tríatlon Ferrol. A segunda praza asinárona as rapazas do Arcade Inforhouse de Santiago (Carla Castaño, Aldara Díaz e Inés Castaño).
Na categoría masculina, o Diablillos de Rivas facía dobrete ao lograr a primeira e segunda posición cos seus equipos A (Juan Antonio Hernández, Plácido Venegas e Jaime Bonilla) e B (Guillermo Sanz, Diego Gómez e Christian García). Mentres que Manuel Rey, Arturo Ramos e Pablo Muñiz, do Dexter Tríatlon Compostela conseguían a terceira praza en xogo.