Hoxe tivemos a presentación da quinta edición do Trishark Narón 2022, proba clasificatoria para o Campionato de España de Tríatlon Sprint. A alcaldesa Marían Ferreiro e o edil de deportes José Orena, acompañados por Amando Guerrero, presidente do Náutico de Narón e dúas integrantes do clube, fixeron a presentación no Concello de Narón.
A cita será o 30 de Xullo na zona do paseo marítimo de Xuvia e as súas inmediacións, contando coa participación duns 400 triatletas procedentes de varios clubes de diferentes localidades estatais, moitos deles galegos.
O Concello de Narón organiza o evento en colaboración co Náutico de Narón e co respaldo das administracións, da Federación Española de Tríatlon e a Federación Galega de Tríatlon.
O Trishark Narón 2022 consistirá en 750 metros a nada, 23 kilómetros en bicleta e 5 kilómetros de carreira a pé, sendo clasificatorio para o Campionato de España de Tríatlon Sprint, unha proba do Circuíto Galego de Tríatlon e tamén se disputará o Campionato Galego Junior de Tríatlon.
Máis información na páxina web do clube Náutico de Narón, organizador da proba.