Resultados fin de semana

NOVAS FEGATRI

4 de Xullo de 2022

Tríatlon Ferrol

Esta primeira fin de semana do mes de Xullo tivemos traballo dabondo por Galicia. Comezamos coa charla sobre biomécanica con Jaime Menéndez de Luarca, onde falamos sobre a importancia da aerodinámica no sector de ciclismo. En breve, colgaremos a charla grabada no noso canal de Youtube.

O sábado estivemos en Ferrol co Circuíto Mozo e a proba das Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya para os máis pequenos.

CLASIFICACIÓNS PHO3NIX KIDS

No Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon SuperSprint celebrado na tarde do sábado en Ferrol, proclámaronse os campións galegos das categorías Cadete e Xuvenil.

Categoría Cadete Feminina

  1. Candela Sánchez (Náutico de Narón)
  2. Rebeca Teijeiro (Tríatlon Ferrol)
  3. Inés Serantes (Náutico de Narón)

Categoría Cadete Masculina

  1. Damián Suárez (Natación Cedeira)
  2. Lucas García (Tríatlon Compostela)
  3. Hugo Souto (AD Fogar)

Categoría Xuvenil Feminina

  1. Aiona Gontán (Tríatlon Inforhouse Santiago)
  2. Marta Novo (Tríatlon Ferrol)
  3. Uxia Campos (Cidade de Lugo Fluvial)

Categoría Xuvenil Masculina

  1. Jarno Pousada (Cidade de Lugo Fluvial)
  2. Carlos Bautista (Náutico de Narón)
  3. Brais Picón (Tríatlon InforHouse Santiago)

CLASIFICACIÓNS 

Internacional

No Campionato de Europa Junior celebrada en Holten, os triatletas galegos acadaron excelentes resultados. Elsa Pena (4ª) e Andrés Prieto (4º) despóis de loitar ata os últimos metros polos postos de podio, confirmando o seu bo estado de forma neste primeiro tramo da tempada.


Tríatlon do Miño

Na primeira proba do circuíto galego de tríatlon celebrada en Lugo, o equipo local Cidade de Lugo Fluvial copaba o podio na proba masculina coa victoria de Diego Alonso, o segundo posto de Antonio Benito e a terceira posición de Kevin Viñuela, facéndose tamén coa victoria na clasificación por clubes, por diante do Tríatlon Inforhouse de Santiago e o Clube Olímpico de Vedra.

Na categoría feminina, a victoria foi para Natalia Hidalgo do Cidade de Lugo Fluvial, por diante de Iria Fernández do Poliderportiva San Ramón e Ana Patricia Mullet do Cidade de Lugo Fluvial. O equipo lucense tamén acadou a victoria na clasificación por clubes.

CLASIFICACIÓNS

Seguinte proba do Circuíto galego de Tríatlon -> 24 de Xullo. Tríatlon Cidade de Pontevedra dentro do evento da Copa do Mundo de Tríatlon.

 

Quizáis che interese…