TRIUNFOS DE AÍDA VALIÑO E GUSTAVO RODRÍGUEZ NO ICAN MÁLAGA

28 de Abril de 2014

Aida Valiño e Gustavo Rodríguez (ambos do Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse onte gañadores do Half ICAN Málaga, unha durísima proba de longa distancia (1,9 quilómetros de natación, 9o de bicicleta e 21, 1 de carreira a pe).

Na categoría masculina, triunfo de Gustavo Rodríguez cun tempo de 3 horas, 47 minutos e 18 segundos, seguido polo malagueño Rubén Ruzafa (3 horas, 50 minutos, 42 segundos), mentres que terceiro foi o británico Joe Skipper. Gustavo xa lograra o triunfo nesta mesma proba no ano 2013, neste cambio ata a longa distancia que está facendo o deportista galego.

E a festa galega compretouse coa vitoria de Aída Valiño (4 horas, 26 minutos, 58 segundos), seguida por Natalia Raña (Diablillos de Rivas). O vento e a calor fixeron aínda máis dura unha proba que xa é moi esixente e que ano a ano conta con máis adeptos. Onte contou coa participación de máis de 800 deportistas.

 

Quizáis che interese…