ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓNS IMPORTANTES PARA O TRIATLÓN GALEGO

19 de Outubro de 2023

Este sábado 21 de outubro celébrase en Málaga a 3ª edición do PROTOUR, un evento que reúne aos mellores deportistas do noso país e no cal se atopan máis de 17 triatletas galegos…

Na categoría masculina temos aos galegos Antonio Serrat, Andrés Cendán, Víctor Bouzón, David González, Iago Lorenzo e Martín Cando. Outros atletas doutras autonomías que corren por equipos galegos son Kevin Tarek, Ignacio González, Pau Noguera, Álvaro Martínez e Adrián Martínez.

Na categoría feminina temos ás galegas Elsa Pena, Ana María Santiso, Irene Peinado e Mirian Trigo. Outras atletas doutras autonomías que corren en equipo galego son Anna Godoy, Iratxe Arenal e Andrea Trigo.

Máis información da carreira aquí: https://live.triatlon.org/championship/1132/FETRI_PROTOUR_2023

Na Copa do Mundo de Paratríatlon, test do campionato do mundo 2024, competirán na clase PTVI José Luis García Serrano e a galega  Susana Rodríguez Gacia, ambos do Club Deportivo Delikia.

Por outra banda, temos competicións internacionais nas que corren 2 dos nosos chicos.
Esteban Basanta estará na Copa do Mundo de Triatlón en Corea do Sur o sábado.

Máis información aquí: https://triathlon.org/events/event/2023_world_triathlon_cup_tongyeong

Andrés Prieto na proba masculina e María Alzaga nas mulleres correrán o domingo en Turquía na Copa de Europa de Triatlón.

Máis información aquí: https://triathlon.org/events/event/2023_europe_triathlon_cup_yeniehir

Quizáis che interese…