Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo) continúa imparable. Este sábado sumou na Copa de África de Dakhla a cuarta vitoria consecutiva. E iso que entre a terceira e a cuarta tivo unhas semanas de vacacións e unha curta preparación.
O galego estivo sempre moi ben colocado durante a proba, que se celebrou na distancia sprint. Rematou a natación na cuarta posición a poucos segundos do líder, Nik Koj. Nos 20 quilómetros de bicicleta, formouse un grupo importante en cabeza, no que estaban todos os favoritos, coa excepción de Antón Ruanova, que quedou cortado.
Igual que sucedera nas probas anteriores, Abuín impuso a súa forza na carreira a pe, onde volver a ser o máis rápido ao sprint, para así acadar o triunfo cun tempo final de 59:31. A segunda posición foi para o británico James Teagle ye o eslovaco Domen Dornik logrou o bronce. Pola súa banda, o galego Antón Ruanova rematou na 15 posición cun tempo de 01:02:17